mirror of
https://github.com/emilybache/GildedRose-Refactoring-Kata.git
synced 2025-12-11 20:02:09 +00:00
Compare commits
3 Commits
c6f842ef29
...
6d97f93b7e
| Author | SHA1 | Date | |
|---|---|---|---|
|
|
6d97f93b7e | ||
|
|
9cbcd0581b | ||
|
|
11da768448 |
41
GildedRoseRequirements_gl.md
Normal file
41
GildedRoseRequirements_gl.md
Normal file
@ -0,0 +1,41 @@
|
||||
# Especificacións da Rosa Dourada (Gilded Rose)
|
||||
|
||||
Benvido ao equipo **Gilded Rose**.
|
||||
Como saberás, somos unha pequena pousada situada estratexicamente nunha cidade prestixiosa, atendida pola amable Allison. Tamén compramos e vendemos mercadoría de alta calidade. Por desgraza, a nosa mercadoría vai perdendo calidade (`Quality`) a medida que se achega a data de venda.
|
||||
|
||||
Temos un sistema instalado que actualiza automaticamente o noso inventario. Este sistema foi desenvolvido por un tipo serio e práctico chamado Leeroy, que agora está noutras aventuras.
|
||||
|
||||
A túa tarefa é engadir unha nova funcionalidade ao sistema para que poidamos comezar a vender unha nova categoría de artigos. Pero primeiro, imos describir como funciona o sistema:
|
||||
|
||||
## Descrición do sistema
|
||||
|
||||
- Todos os artigos (`item`) teñen unha propiedade `SellIn` que indica o número de días que temos para vendelo
|
||||
- Todos os artigos (`item`) teñen unha propiedade `Quality` que indica o valioso que é o artigo
|
||||
- Ao final de cada día, o noso sistema actualiza ambos valores para cada artigo mediante o método `updateQuality`
|
||||
|
||||
Bastante sinxelo, non? Pois agora é cando se pon interesante:
|
||||
|
||||
- Unha vez que pasa a data recomendada de venda (`SellIn`), a calidade (`Quality`) degrádase o dobre de rápido
|
||||
- A `Quality` dun artigo nunca é negativa
|
||||
- O "Queixo Brie curado" (`Aged brie`) incrementa a súa calidade (`Quality`) a medida que madura cos días
|
||||
- A súa calidade (`Quality`) aumenta en `1` unidade cada día
|
||||
- Unha vez expirada a data de venda (`SellIn`), a súa calidade (`Quality`) aumenta o dobre cada día
|
||||
- A calidade dun artigo (`Quality`) non pode superar `50`
|
||||
- O artigo `Sulfuras` é un artigo lendario, non precisamos vendelo en ningunha data (`SellIn`) e tampouco se degrada en (`Quality`)
|
||||
- O artigo "Entrada ao Backstage" (`Backstage passes`), incrementa a súa calidade (`Quality`) a medida que se achega a data do concerto (`SellIn`)
|
||||
- Se faltan `10` días ou menos para o concerto, a calidade (`Quality`) increméntase en `2` unidades
|
||||
- Se faltan `5` días ou menos, a calidade (`Quality`) increméntase en `3` unidades
|
||||
- Unha vez pasada a data do concerto (`SellIn`), a entrada perde todo o seu valor e a súa calidade (`Quality`) cae a `0`
|
||||
|
||||
## A túa tarefa
|
||||
|
||||
Hai pouco contratamos a un provedor de artigos _conxurados máxicamente_.
|
||||
Isto require unha actualización do sistema:
|
||||
|
||||
- Os artigos conxurados (`Conjured`) degradan a súa calidade (`Quality`) o dobre de rápido que os artigos normais
|
||||
|
||||
Séntete libre de modificar o método `updateQuality` e engadir o código que sexa necesario, sempre e cando todo siga funcionando correctamente. Porén, **non debes modificar a clase `Item` nin as súas propiedades**, xa que pertence a un duende que, nun ataque de ira, podería liquidarte dun golpe porque non cre na cultura de código compartido.
|
||||
|
||||
## Notas finais
|
||||
|
||||
Para aclarar: un artigo nunca pode ter unha calidade (`Quality`) superior a `50`, aínda que o obxecto `Sulfuras`, ao ser un artigo lendario, teñen unha calidade inmutable de `80`.
|
||||
@ -32,6 +32,7 @@ The idea of the exercise is to do some deliberate practice, and improve your ski
|
||||
- [한국어](GildedRoseRequirements_kr.md)
|
||||
- [German](GildedRoseRequirements_de.md)
|
||||
- [Euskara](GildedRoseRequirements_eu.md)
|
||||
- [Galego](GildedRoseRequirements_gl.md)
|
||||
|
||||
## Text-Based Approval Testing
|
||||
|
||||
|
||||
Loading…
Reference in New Issue
Block a user